9.11.07

Cando petan na porta pola noite


Marta Mejía Orbán (1º C)
É un libro que a min asustoume un pouco, menos “O cumpremortes”, xa que nese sentido decepcionoume porque non era moi “terrorífico”. Aínda que a min máis que medo, déronme un pouco de noxo, e o día que lin “O Fornadas” xa non quixen cear, porque imaxinaba o cheiro que sentían aqueles homes co cabelo queimándose, e a vella sentándose no forno antes de morrer.
Moitas veces fálolle á miña irmá dos libros que leo e ela sente curiosidade por saber como é este, pero non llo digo porque se non non dorme nos próximos tres meses. Pero non é que non llo queira contar porque non me gusta, todo o contrario.
Os contos que máis me gutaron foron “O espello do viaxeiro” e “A loba”.

Alba Pérez Fernández (1º D)
Gustoume esta recopilación dos catro contos demedo porque imaxínome que como antes non había televisión nin ordenador, nos ratos mortos a xente contaba historias como estas arredor do lume. Mais dun íase asustado para a cama.
O conto que máis me gustou foi “O espello do viaxeiro” porque o final era moi inesperado.
Tamén me gustou a poesía do final “Eu teño medo a…”

Víctor Ruído (1º D)
O libro está moi ben e os contos que máis me gustaron foron “O espello do viaxeiro” e “O Fornadas”. O que menos me gustou foi “A loba”, porque me parecía que non era un conto tan de medo coma os outros, anque tiña un bo argumento. Os contos están moi ben e cun bo argumento.

2 comentarios:

  1. Penso que é unlibro interesante pero un pouco desagradable. Sobre todo en "A loba" porque matan a un bebé. O que máis me gustou foi o último "O cumpremortes" porque foi listo e a morte non o matou.
    A poesía do final e o mellor.

    ResponderEliminar
  2. Penso que é unlibro interesante pero un pouco desagradable. Sobre todo en "A loba" porque matan a un bebé. O que máis me gustou foi o último "O cumpremortes" porque foi listo e a morte non o matou.
    A poesía do final e o mellor.

    ResponderEliminar