30.11.07

Gaiola aberta

A revista Gaiola aberta regresa... Aquí tes a convocatoria:

"En chinés, en portugués, en galego, en finlandés, en injlés o en arameo, en quechua o en mapuche, en castelán ou en euskera, en swahili o en zulú, en francés ou alemán, con emoticóns ou en SMS…

… pero Fala.

Cartas ó director: se tes algo que dicir. Contos, historias, relatos curtos: imaxinación ó poder, chegou a hora da vinganza. Pasatempos (sudokus, autodefinidos, crucigramas, sopa de letras). Ideas (animais, plantas, trucos caseiros). Saúde e Beleza ( o mellor para ti ). Humor: chistes, cómics. Xente: … do instituto, por suposto. Comentarios: de cine, de música, de libros, de deportes, de motos, do que queiras. Entrevistas: 15 preguntas a …
Concursos ( científicos, xeografía, historia, caralladas varias ).
Mensaxes por palabras: A ver se se entera.
Fotografías: calquera formato, móntao, móntaás.
Ilustracións (deixa xa de pintar nos pupitres) .
Os meus favoritos: o que podes atopar na web …
Compra-venda: anuncios por palabras.

Apúntate
(en Filosofía e Alemán)"

1 comentario:

  1. Anónimo30.11.07

    encántame k fagades iso os do insti
    é xenial e se a imprimides en papel k sexa gratis eeeeeee porke así vai participar máis xente

    ResponderEliminar