6.11.07

Trece anos de Branca


Guillermo Salgado López (1º C)
A verdade é que este libro encantoume, sobre todo porque foi moi entretido e bonito. O que máis me gustou foron os primeiros capítulos, porque gustoume como empezou a historia. Eu este libro recomendaríallo a calquera neno da miña idade.


Marta Mejía Orbán (1º C)
Este libro encantoume, é como estar vivindo desde o principio da súa enfermidade ata que acaba.
Tamén me gustou porque a miña avoa sempre fai marmelos e de pequena tamén me encantaba o seu cheiro, como a Branca.

Ada Iglesias Carballo (1º C)
O libro gustoume moito, pero decepcionoume, esperábame algo máis. Pero engancha, é dicir, que se empezas a lelo non podes parar, porque te fas a pregunta: “E que vai pasar despois?”

Claudia Platero Pérez (1º D)
Este libro gustoume bastante, aínda que ao principio pensaba que ía ser aburrido. Unha parte que me gustou moito foi a última, porque vese como coa enfermidade Branca foi aprendendo cousas da vida e deixando atrás a infancia. Tamén a anécdota de Lois, cando contou que a “Víbora” fora a do anónimo. En xeral foi moi entretido, aínda que algunhas partes facíanse pesadas.
Foi un dos libros en galego que máis me gustou.

Juan Pereira Fernández (1º D)
O libro en xeral gustoume pero non me gusta moito o final, porque ela explícache cousas sobre cada foto, pero non sabes cada canto tempo pasa un día, entón ao final dáste conta de que para ti non pasou ningún día.
A miña parte favorita é cando Lois conta a historia de que a Víbora fixo unha trampa para que o botaran do colexio. Tamén me gustou a historia da dracaena porque ela di que a planta morrera nova, sen embargo a nai explícalle que as plantas viven menos ca os homes.
O libro gustoume moito porque explica as cousas que lle pasan por ser adolescente como por exemplo estar de mal humor e botarlle a culpa aos demais por calquera cousa, como cando ela lle bota a culpa ao pai por coller un dos folios verdes.

Alba Pérez Fernández (1º D)
Este libro pareceume fermoso, aínda que ao principio resultárame algo aburrido. A parte que máis me gustou foi na que Branca recapacita e cae na conta de que xa non é unha cativa e empeza a fase da adolescencia.
Agustín Fernández Paz é un autor que me gusta moito xa eu escribiu un dos meus libros preferidos cando era cativa: Un tren cargado de misterios.


Clara Pérez Ruíz (1º D)
Este libro pareceume moi interesante só con botarlle a primeira ollada, e aínda máis ao comezar a lelo. E cada vez que o lía desexaba continuar porque “enganchoume” moito. Paréceme que é interesante o feito de relatar a vida dunha adolescente, coas súas preocupacións, enfados, o primeiro amor... e aínda máis estando enfermo de hepatite.

Sabela Rodríguez Vázquez (1º D)
Gustoume moito, quizais porque me sinto identificada con Branca. Decateime de que a pesar de que o autor fose xa maior, coñece moi ben os pensamentos e sentimentos dos nenos e nenas de hoxe en día. Está moi ben redactado e o capítulo que máis me gustou foi o da maxia das palabras e, en especial, o final do libro. Era precioso.

3 comentarios:

  1. Anónimo14.11.07

    encantáronme todos pero o de guillermo e juán todavía máis xa que son os unicos neno .
    Non que era broma encantáronme todos están xenial elaborados pero Alba non redactes tan ben k soo saes ti . sigue así

    ResponderEliminar
  2. Anónimo18.12.07

    Este libro encantoume. Estou segura de a calquera rapaz da miña idade, algún ano arriba ou abaixo, gustaríalle. O que máis me gustou é que nos primeiros capítulos, fálache da historia sen contar o máis importante, animándote así a seguir lendo e lendo...
    Opino que o autor expresouse ben, cun vocabulario apropiado e cunha maneira de narrar bastante boa.
    Alegrome de que mandáramo ler.
    Aconséllobolo rapaces!

    ResponderEliminar
  3. Anónimo21.1.08

    É un libro bonito e interesante no que o autor reflexa moi ben os sentimentos de Blanca en cada momento. Foi o libro de galego despois do neno de pixama a raias o que mais me gustou.

    ResponderEliminar