6.11.07
TRISTES ARMAS
Autora: MARINA MAYORAL
Título: Tristes armas
Editorial: Edicións xerais
Ano de publicación:
Sinopse:
Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes armas é sobre todo unha historia de amor.Tristes armas presenta dende un punto de vista sinxelo e profundamente humano algúns episodios da Guerra Civil, desde o punto de vista dos que non combateron, pero que sufriron as súas terribles consecuencias.
E ti que opinas?
María Fernández Bertólez (3º B)
É un libro que persoalmente me gustou moito, aínda que ao principio non me animaba especialmente a lelo.
É un libro moi emocionante, méteste moito na historia, cegando a doerche verdadeiramente o que pasa na historia.
É tamén un libro que mostra as cousas tal como son, e rompe con ese tópico de: “ao final todo acaba ben”, por exemplo no feito de que Harmonía non volva a ver á súa nai.
Tamén ensina que na vida nada é fácil, por exemplo cando Harmonía leva días pensando que lle ten que escribir unha carta a seus pais, e sen embargo, cando chega o momento non atopa as palabras, e ao final quedan cinco minutos, sáenlle as súas maiores preocupacións, ó non saír a despedirse da súa nai.
Gustoume moito porque é un libro moi real, moi franco, non é ningún conto de fadas.
E tamén porque xa entrados na historias, esta é moi fácil de ler.
Iago Fernández Méndez 3º B)
É un libro bonito, que me gustou porque trata de aventuras. A primeira e a segunda Guerra Mundial, a batalla do ebro, onde morre Miguel, etc. Gustoume tamén porque trata de historias de amor, como por exemplo, o casamento de Carmiña e Dick Butwin e de Harmonía e León, tamén fala de tristezas, como a morte do pai de Harmonía e Rosa, e tamén de moitos momentos divertidos e alegres. En resumo, gustoume e paseino moi ben lendo este libro.
Cintia Meijide Taboada (3º B)
A miña opinión persoal é que é un libro moi bonito e fácil deler, e creo que describe perfectamente a situación da xente durante a Guerra Civil e a posguerra. Que nos achega ese clima tan grande de división entre as familias, como dous irmáns poden chegar a levarse mal por simples ideoloxías políticas opostas; o sufrimento dos pequenos nun conflito bélico, a dificultade para obter información dos teus seres queridos naquela época e naquelas condicións... o instinto de superación e, como non, o amor neses momentos. Eu creo que claramente reflexa unha dura, pero realidade da España na Guerra Civil, de loitas ferventes por un ideal político e máis tarde na época fascista e que tamén, de forma máis leve reflexa os cambios e os conflitos mundiais.
Anxo Rodríguez Vázquez (3º B)
Gustoume bastante o libro. Leveime unha sorpresa ao lelo porque cando ía polo principio pensei que se ía falar de Rosa e Harmonía, pero non, tamén contou a historia dos que quedaron en España. Os que pero me caían eran os tíos das nenas porque a muller era unha beata e unha facha e o home por non arriscarse un pouco deixou as rapazas en Rusia, aínda que eu penso que estaban mellor alí que cos tíos.
Mario Suárez García (3ª B)
Foi un libro que me gustou moito xa quen el, ademais de ensinarnos o duro que é a guerra, móstranos como unha nena refuxiada chegou a ser unha gran bailarina, o amor entre as persoas, como pasou con León e Harmonía; e moitos valores máis como a compaixón, a dor... É dicir, que de algo malo poden chegar a ocorrer cousas fermosísimas.
Adrián Vázquez Yáñez (3º A)
É un libro que che fai reflexionar sobre a sorte que temos os rapaces de agora e a mala sorte que tiñan antes. Agora xa non fai falta que nos marchemos a Rusia nin a ningunha outra parte, porque temos a sorte de que, de momento, en España hai traballo e escolas, e ningunha guerra. Tamén é o libro máis interesante dos que lin.
Candela Rivera Leal (3º A)
Pareceume unha lectura amena, adaptada a calquera idade. É unha historia triste, e hai pequenos detalles como no momento en que a nai non pode ir despedirse ó barco, ou cando dorme enriba do saco das cartas de Rusia, momentos que arrancan algunha bágoa contida.
Iago Román Vázquez (3º A)
O libro gustoume, pareceume entretido, e está narrado dunha forma moi lixeira, facéndose agradable a lectura en cada páxina. O final non me acaba de convencer, é un pouco raro, acaba moi pronto para o meu gusto. Desenvolve a historia e acábaa de súpeto, pasando 50 anos nunha soa páxina. Gustaríame máis que fose contando a vida dos personaxes máis paseniñamente. Pareceume tamén un pouco triste que Harmonía e súa nai, Carmiña, non se viran máis. Pero polo demais, é divertido e entretido, merece bastante a pena lelo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
hola eu non lin o libro poque non vou na vosa clase pero polos comentarios estanme entrando ganas de lelos .Gustáronme todos algúns máis ca outros pero están todos xenial .
ResponderEliminarasinado unha nena de 1ªD
te contesto:
ResponderEliminartodo sabrodo sobre el libro
Sobre el libro" el niño con el pijama de rayas":
ResponderEliminarCreo que con nueve años se entiende más de lo que el niño entendía. Supongo que el autor trata de decirnos que hay momentos duros en que es más fácil "no entender". Por eso fue posible tanta barbarie...por eso y por el miedo,que obliga a callar, a esconder, a negar la amistad. También por la incoherencia de los mayores, que dicen una cosa y hacen otra. Y, al final, todos los niños, con el mismo uniforme, son iguales...Pero ¿no cerramos hoy los ojos a Ruanda, Kosovo, etc...?
Olalla Rodríguez Vilas(3ºD):(tristes armas)
ResponderEliminarEste libro gustuome moito.
Paréceme unha istoria un tanto triste pero bonita.O que non me gustou foi a morte do pai das rapazas, por culpa das guerras.
Paréceme que o que os pais de Rosa e de Harmonía fan é necesario para mantelas a salvo.Creo que naquela época seguramente moitas familias terían que distanciarse dos seus fillos,correndo o risco de non volvelos ver.
Gústame o persoaxe de Rosa paréceme divertida, e que pasao ben, divírtese aínda sabendo que os seus pais estánn moi lonxe dela.
Harmonía paréceme que pensa moito nos seus pais o que lle fai que non se divirta.
É moi bonito o unidas que están as irmáns e como se apoian mutuamente.
Celia Royo Pazos 3ºD
ResponderEliminarEste libro gustoume especialmente, xa que ten unha historia moi triste, pero que ao mesmo tempo pensas que os pas fan ue deben mandando ás súas fillas para Rusia. Pareceume realmente trite o de que a súa nai non chegaa a tempo para despedirse das fillas.
O que pasa é que o final, para mi, é demasiado feliz e bonito para unha historia tan triste, mais as nenas o merecían polo mal que o pasaron. Gustoume tamén que era unha historia que engaiolaba moito e sempre querias saber o que ía suceder a continuación.
En resumo, gustoume moito o libro.
Ana Pérez Vázquez,3ºA
ResponderEliminarTristes armas é un libro precioso que relata o sufrimento da Guerra Civil a través dunha historia de dúas irmás. En este libro pódese ver como as guerras,esteas do bando que esteas,sempre son malas. Gustoume moito pola historia que conta,porque cando o les pareces ti a que formas parte dela,porque a pesar de que é triste,conta a realidade máis dura:a de ser nenos nunha guerra. Recomendo que leades este libro,pois é doado de ler e moi interesante.