
Logo da paréntese das vacacións, retomamos o noso blog con estes comentarios de
A banda sen futuro que acaban de ler os alumnos de primeiro de ESO.
O libro a min encantoume. Foi un dos mellares que teño lido. Creo que o lin en dúas noites, porque non podía aguantar coa intriga: se ía facer amigas, se na consulta lle ían dicir que xa podía deixar medrar o pelo… Pero nalgunhas partes deume a impresión de que o libro estaba escrito hai xa algúns anos. Ademais, non me esperaba que ao final se namorara de Moncho.
(
Ada Iglesias Carballo, 1º C)
A min o libro gustoume moito porque dalgunha forma calquera estudante que sexa un pouco diferente á xente podería verse relacionado con ela. Gústame moito como son as relacións entre Carlota e os seus pais porque normalmente cando un ten esa idade é moi pouca a relación cos pais.
O único que non me gustou foi a reacción dos compañeiros cando ven a Carlota porque paréceme moi esaxerado, no sentido de que poucos nenos se comportan dese modo cando só a coñecen de dous días.
(
Sabela García Benito, 1º C)
Este libro gustoume moito, aínda que me dá algo de pena cando Carlota descobre a enfermidade da súa avoa, xa que polo que comentaba sobre ela no libro, queríaa moito.
Este libro engancha xa que se les o primeiro capítulo non podes parar de ler. Eu recomendaríao para ler a todo tipo de persoas.
(
Marta Mejía Orbán, 1º C)
A escritora conta moi ben os sentimentos de Carlota. Explica como unha rapaza de dezaseis anos pode darse conta de que a súa enfermidade non é importante como a da avoa. Pode darse conta do egoísta que foi e rectificar o seu erro.
Conta como ve que aínda que Miguel estea con Paulina, ela pode ter a outro rapaz e ser feliz.
A min gustoume porque o autor foi capaz de transmitir moitas sensacións.
(
Noa López Blanco, 1º C)
A historia está bastante ben, dado que é unha rapaza que ten que estar un tempo calva, e a maneira na que se enlazan os feitos é magnífica. Aínda que, iso si, ao final do libro non aprende case nada do ocorrido.
Unha das cousas que non me gustou foi a prolongación dalgunha pequena trama ao longo de varios capítulos. A outra foi o pouco nerviosismo que pon o autor nos momentos máis importantes.
Houbo partes que pasabas un bo cacho pero que non te levaban máis que ao principio da trama, e que alongaban máis o libro. Outro fallo que ten é que acaba cunha trama e empeza outra de repente.
(
Miguel López Gómez, 1º C)
O libro encantoume. Pero hai unhas partes nas que a autora do libro describe demasiado as emocións e os sentimentos da nena; e a primeira vez está ben, pero cando se volve a repetir a escena soa un pouco repetitivo.
Pero polo demais está moi ben. Aínda que a nena é un pouco “tiquismiquis” cando a xente fala do tema “do pelo” e ela ponse toda alporizada… Deberíao ter asumido.
Non lle vexo ningún sentidito ao título, aínda que algo claro que ten, pero se estivese na librería nin se me ocorrería compralo por ese título.
(
Carmen Sotelo de la Vega, 1º D)
Gustoume moito. Comentei o libro con algúns compañeiros e estaban de acordo coa miña opinión.
Ao final aprendín que o que importa é a beleza interior.
As conversas que Carlota mantiña con Poch era algo estrañas. Ó final era como se Poch fose a súa conciencia. Gustoume moito iso que dixo Poch de que só intentando tocar o ceo cos pés o tocaría algún día coas man. E tamén o de que as persoas están vivas ata que todos as esquecen.
O personaxe que máis me gustou foi a avoa, porque comprendía moi ben a Carlota. Foi unha mágoa que rematase tendo cancro.
Eu tamén penso coma Carlota, aquí nas cidades todo parece gris, demasiado monótono, o tempo segue transcorrendo e non para pase o que pase.
(
Sabela Rodríguez, 1º D)
Pareceume unha novela entretida, fácil de ler, anque eu non estou afeito a ler en galego e moitas veces teño que botar man do dicionario.
O autor conseguiu que ó ler esta novela conectes con ela, que te fagas amigo de Carlota e ti pódelo ver perfectamente na túa clase con algúns dos teus profesores e no momento da reunión dos profesores imaxínábaste unha habitación ás escuras, cunha soa luz no centro dunha mesa, coma se fose unha reunión clandestina na bodega dun barco. En resumo, paréceme moi bonito e que trae unha mensaxe oculta: que non podemos discriminar polo aspecto físico.
(
Antonio Reverter Valeiras, 1º D)
Sen dúbida creo que este libro é moi adecuado para a nosa idade. Fíxome reflexionar sobre a vida e deime conta de que vemos os nosos problemas como os máis grandes, e que a maioría das veces non teñen tanta importancia coma a que lle demos.
Ten algunhas partes verdadeiramente tristes, porque ves o sufrimento dunha rapaza que intenta facer unha vida normal pese ao seu aspecto físico e moita xente infravalóraa por ser distinta; aínda que distinta non é, porque eu penso que non ter pelo non pode ser unha barreira para seguir adiante.
Tamén vin que os “problemas” que teñen as mozas por un rapaz, e non o pasei ben lendo a parte de que a única amiga de Carlota estea co mozo que lle gusta.
Fíxoseme ameno pola súa linguaxe coloquial. Creo que Poch e a súa avoa son os que comprenden a Carlota e os que, dicíndolle cousas boas ou malas, consiguen que saia adiante.
É un libro interesante, recomendo lelo para que os rapaces vexan que os problemas verdadeiros hai que afrontalos, senón todo sería un problema.
(
Claudia Platero Pérez, 1º D)
Este libro é magnífico polo abanico de sentimentos que hai nel. Amor, desamor, dúbida, engano… Este libro reflicte tódolos problemas da adolescencia, aínda que neste caso con razón. Vese como unha nena de 16 anos afronta o difícil problema de non ter pelo. Aínda por riba ten que facer amigos novos.
É un libro moi completo, que trata diferentes temas. O que máis lle custou foi facer amigos, pero cando o consegue, todo vai sobre rodas. Ata consegue un noivo. Un dos problemas máis graves é a enfermidade da avoa, pois ten un cancro case incurable. A súa relación é inmellorable.
Este libro máis que nada fíxome reflexionar: tódolos nenos temos problemas, uns máis simples, outros máis difíciles. Ensinoume que hai que saír adiante, coa axuda da familia e os amigos, e nunca botarse atrás.
(
Bruno Platero Pérez, 1º D)
Este libro gustoume moito por dúas cousas: 1º) Reflexa estados de ánimo que poden suceder na vida real. 2ª) É un conto cos protagonista co pelo rapado pola súa enfermidade, polo que paréceme ben, debido a que a maioría tratan sobre nenas belísimas, con cabelos longos e que reflexan os raios do sol.
Tamén me gustou porque nos últimos capítulos está moito máis tempo coa súa avoa, porque ten cancro, e a irmá enfadouse porque estaba máis tempo coa avoa que con ela. Carlota, ao comprender que a súa avoa estaba peor ca ela, deixa de pensar en que volva crecer o cabelo dunha vez por todas, porque quere pasar moito máis tempo coa súa avoa, e cando xa lle pode crecer o cabelo de novo, ponse moi contenta, ela e a súa avoa.
En xeral, todo o libro foi moi bonito e divertido.
(
Paula Fernández Pérez, 1º D)
A min non me gustou moito porque é moi enrollado e pasmábame bastante cando lía… ás veces lía e tiña que volver a lelo. Custoume bastante acabalo e algunhas palabras tiña que buscalas no dicionario. Tampouco me gustou porque sempre, en case tódalas pelis e libros que lin e vin, sempre hai un grupiño de marxinados, neste caso polo aspecto da protagonista, e iso non me gusta nada.
(
Esteban Fernández Méndez, 1º D)
Esta novela foi a que máis me gustou dos libros que lin. Ó principio non me estaba gustando moito, pero ó final encantoume. Non me costou lela e pareceume que tiña un vocabulario bastante sinxelo.
Tamén me gustou como se expresaba Carlota con Poch, e dicía que el e mais a avoa eran as únicas persoas que a entendían.
Eu creo que este libro debía ter unha segunda parte, porque eu o que esperaba ó final da novela era a Carlota co pelo longo. Quería saber como sería a impresión dos seus compañeiros. Eu quedeime coas ganas diso, de ver como quedaría a obra, e de ver como reaccionaría o público ó vela se o gorro.
(
Ángela Fernández Cofán, 1º D)
É un libro moi entretido e gustoume. A súa protagonista, Carlota, que te 16 anos, ten algúns problemas no seu instituto: inseguridade, medo á vida e presentia un futuro moi negro. Pero ó final vólvese máis sociable e ata coñece un rapaz do que se namorou.
Eu penso que isto lle podería suceder a calquera a esa idade.
(
Samuel Dapía González, 1º D)