16.1.08

Irmán do vento

Os alumnos de 3º expóñennos as súas opinións acerca da novela Irmán do vento.

"Gustoume moito o libro. A intriga de saber o que ocorreu ó seu pai mantente atento a lelo. Todos os obstáculos que tivo que pasar só por ver ó seu pai, demóstrannos o amor entre pai e fillos. Pasan cousas que normalmente non te esperas. A marcha de Amrah do pobo deixa a un un pouco desconcertado
É un libro fácil de ler e entretido. "
(Sara Iglesias, 3º A)

"O libro é moi bo para xente coma nós, xa que das guerras tan só sabemos o que se conta na televisión e este libro cóntanos a realidade das guerras desde dentro, de forma que parece que somos o rapaz e imos buscar ó pai. Tamén fai unha burla ós americanos xa que van de vencedores por todo o mundo e logo un pobre neno de aldea consegue o que conseguiu Khaled.
En definitiva, o libro está ben e recoméndollo a todo aquel que teña ganas de ler."
(Santiago Rodríguez, 3º A)

"É un libro que a min gustoume moito, pois reflexa moi ben os desperfectos e destrozos que causa a guerra, á parte das vidas de moitas persoas. É un libro fácil de ler e gustoume a maneira de representar os capítulos en forma de carta ao seu compañeiro”imaxinario”.
(Alejandro Rodríguez, 3º A)

"O libro está ben porque trata do amor dun fillo polo seu pai, que pasa moitas probas, para despois descubrilo morto, e aínda así con el morto segue loitando porque estea no seu pobo coa súa familia. O amor de Sayiam, o pai, ao fillo Khaled, e á súa familia, ao ofrecerse voluntario para combater na guerra, polo ben de todos. Tamén é bonito que aínda que o pai desaparece deixa encargado o maior dos seus soños do seu fillo para o seu cumpreanos: ese cabalo chamado “Irmán do vento”.
Está ben cando Khaled está namorado dunha rapaza chamada Amrah, e ainda que ela se vai, dille nunha carta que ela tamén está namorada del.
En si o libro é moi bonito. Gústame que estea redactado en forma de diario para un amigo."
(Sonia Vázquez, 3º A)

"O libro é moi interesante, pois cóntanos unha historia que seguramente viva mais de un neno en Irak. Cóntanos a forma na que vive unha tribo iraquí, que o fan de maneira moi distinta á nosa. Achéganos o sufrimento dos nenos e familias que viven e Irak, e todo por culpa dunha guerra.
Recoméndoo, aínda que quizais hai detalles que na historia non interesan moito."
(Antía Rodríguez, 3º A)

"Pareceume que é unha historia que intenta dar un punto de vista por un bando da guerra. É un libro moi logrado e contén unha bonita historia, aínda que é moi tráxico pola morte do pai de Khaled. Khaled vai contando unha historia por cachos, que ten final feliz, e contrasta coa realidade para suavizar a historia real."
(Manuel Álvarez, 3º B)

"O libro gustoume, aínda que os teño lido mellores. Gustoume moito a maneira na que relaciona a fantasía coa realidade a través do conto que lle escribe ó “fillo” de Al-Galego, aínda que no conto gañan os bos e na realidade non."
(Anxo Rodríguez, 3º B)

"O libro non me gustou porque é moi aburrido, co tema de enviar cartas. Eu penso que a súa forma de redactar a historia é moi irreal porque un neno como Khaled non creo que fose capaz de obrigar a un soldado a devolverlle a casa sen consecuencias."
(Christian Presas, 3º B)

"O libro gustoume moito xa que trata en profundidade temas como a guerra ou o primeiro amor, que é o que sente Khaled por Amrah. O único que non me gustou foi o de que Khaled perdera á súa nai pola primeira guerra, ademais de que parece inxusto que despois de realizar unha viaxe tan longa encontrase a seu pai morto."
(Jorge Madriñán, 3º B)

"Nun principio, o libro parecía interesante, pero no transcurso da lectura as palabras noutro idioma fixéronme perder o interese que tiña no relato. Os capítulos tan longos tamén influíron no meu desgusto polo libro. Penso que, aínda que a min non me gustara moito, é unha historia que podería pasar na realidade e podería ser un exemplo de lectura diferente para rapaces da miña idade."
(Laura Álvarez, 3º B)

"Creo que é un libro que reflexa toda unha realidade que os demais non chegamos a imaxinar o tipo de vida que poden ter estas persoas, e axúdanos a achegarnos ás diferenzas internacionais que pode haber. A forma na que se nos transmite, que se nos fai chegar en forma de carta, paréceme moi interesante. O que menos me gustou foi a historia que Khaled ía contando paralelamente porque creo que fai o libro demasiado denso. Pero como idea final creo que é un libro moi entretido, interesante e realista e que nos axuda a comprender a realidade de lugares máis alá da nosa fronteira."
(Cintia Meijide, 3º B)

6 comentarios:

  1. Anónimo8.2.08

    Ola. Son unha alumna de primeiro que lin este libro.Pareceme que todos vos debiades animar a lelo.Impresiona un pouco ver que é un neno coma todos nós ata que chega aguerra e cambia por completo a súa vida. Creo que na novela podese ver o que Khaled é e o que quere ser.Vese o cariño que se teñen entre o pai e o fillo.É tamén moi triste, aínda que na realidade non é todo como o conta no libro.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo26.1.11

    decirme personajes

    ResponderEliminar
  3. alguien me puede decr el resumen o las respuestas de estas preguntas?¿¿?1)Sinala nun mapa os países dos que fala o libro.
    2)Explica a estrutura deste libro.
    3)Busca información sobre o autor deste libro.
    4)Despois de ler o libro explica as principais diferentas entre a cultura oriental e a nosa.
    5)Khaled convive cos beduinos(nómadas), na súa viaxe en busca do seu pai.Como describe a súa forma de vida? Explica as cousas positivas e negativas das que fala.
    6)Explica como evoluciona o protagonista ao longo do relato. Cales cres que son os motivos que o fan cambiar tanto?.
    7)Khaled e Sharif son a mesma persoa. Explica as razóns polas que cambia de nome.
    8)Responde:
    A)Quen é o irmán do vento?
    B)Porque cres ti que ao final Khaled pensa que Alberte non existe?
    9)Opinión persoal.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo15.6.14

    esta muy chulo

    ResponderEliminar
  5. Anónimo15.6.14

    Esta muy chulo

    ResponderEliminar
  6. Andrea Méndez Nieto 3º eso D.
    O libro Irmán do vento gustoume moito. Pareceume un tema moi interesante. O que máis me chamou a atención foi todo o que o fillo fixo para poder ver a seu pai (aínda que fose por ultima vez) É moi impactante ver como un rapaz de 15 anos recorre moitos kilometros para salvar a seu pai.
    Tamén que Khaled enviáballe as cartas a Alberto, pero non sabía que non era ninguén.
    Gustaríame saber que fai Khaled ao final.
    Recoméndollo ler a todos.

    ResponderEliminar