24.1.08

O futuro roubado


O autor mestura moi ben os avances tecnolóxicos (o ordenador, a videoconferencia, o transportador, etc.), coa necesidade de preservar o medio ambiente para as vindeiras xeracións. Oxalá o futuro fora como se describe no libro. Se todos contribuímos poderemos conseguilo.

(Alba Pérez, 1º D)

Este libro pareceume moi interesante porque, de certa maneira, pretende enviarnos unha mensaxe. [...] Gustaríame ler outros libros deste autor porque o que acabo de ler gustoume moito, aínda que ao principio non pensara o mesmo, xa que me parecía un pouco aburrido ou pesado.
(Clara Pérez, 1º D)

Este libro non me gustou nada. [...] creo que o tema que trata é interesante, pero aburrinme ao lelo. Distraíame con calquera cousa polo feito de que nalgunhas partes non lograba mergullarme na lectura. Sen embargo, había detalles nos diálogos que me facían gracia e non podo negar que o autor describe moi ben as situacións nas que se atopan ospersonaxes. [...] Gustoume tamén a idea de poñer o nome no comezo do capítulo para saber quen narraba a historia.
(Claudia Platero, 1º D)

O libro non me gustou nada; intenta dicir nun anaco pequeno demasiadas ensinanzas. E se di que Said e Sheila viñeron do "futuro" o pasado non se pode cambiar, porque senón cambiarían cousas do futuro. Custoume moito lelo.
(Carmen Sotelo, 1º D)

Eu pensaba que ía ser mellor pero ó comezar a ler non me gustou que en cada capítulo fale unha persoa e sexa ela a que o conta. Pero gustaríame que fora así o futuro porque os vehículos non contaminan e polos avances tecnolóxicos.
(Javier Francisco, 1º D)

Gustoume moito o argumento e gustaríame que o futuro fose como din no libro. Mostra tamén algunhas realidades, como a tala de árbores, a escravitude... Chamoume a atención que citase a lenda da trabe de ouro e a trabe de alcatrán, e o castro de Baroña, xa que son cousas das que xa oíra falar. Por desgracia, todos eses desastres están ocorrendo e, se ninguén fai nada por evitalo, os nosos fillos e netos atoparán un Mundo completamente estragado.
(Sabela Rodríguez, 1º D)

A min este libro non me gustou moito. Paréceme bastante aburrido e algunhas cousas non as entendía ben. Creo que esaxera bastante o futuro e sempre fala do mesmo, e para min iso faino moi pesado. O único un pouco emocionante ocurriu no principio e algo no final.
(Ángela Fernández, 1º D)

Ó principio era un pouco aburrido, pero despois a historia desenvolveuse e xa foi moito máis entretido. Creo que os mellores capítulos foron os intermedios. Este libro creo que llo recomedaría a calquera neno da miña idade.
(Guillermo Salgado, 1º C)
Gustoume moito. É un libro que te engancha e lese perfectamente. Gustoume máis que Ameaza na Antártida. E pareceume moi estraña a entrada ó pasado. O personaxe que mais me gustou foi o colibrí. E deume pena a historia de Siara.
(Marta Mejía, 1º C)

Pareceume moi interesante porque en Galicia póñense moitos muíños eólicos... creo que demasiados. Desde o meu punto de vista, estropéase a vista dos nosos montes, ou non? Este libro pareceume verdadeiramente realista. Hai detalles un tanto estraños, pero esta moi ben.
(Ada Iglesias, 1º C)

Non estivo mal, pero non me gustou o final. A parte que máis me gustou foi cando foron a Brasil.
(Nicolás Mira, 1º C)

3 comentarios:

  1. Anónimo2.2.08

    pareceume un libro moi interesante, aida que ao principio non. Resultoume curioso e intrigante e o recomendaria a calqueira persoa interesada na lectura.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo16.2.08

    este libro todabia non o lin porque mandaramo no instituto pero eu creo que un libro cheo de intriga e misterios po eso o escollin dou o meu punto positiva creo que bai ser unha pasa jejej bikosss

    ResponderEliminar
  3. Anónimo18.3.09

    A mi este libro pareceume un tanto subrealista ,pero aínda así orecomendo como unha lectura para as persoas as que lle gusten os libros de ciencia-ficción

    ResponderEliminar