15.1.08

Compartindo lecturas

Esta mañá reunímonos na biblioteca un grupo de alumnos (desde 1º de ESO a 1ª de Bacharelato) e profesores co ánimo de compartir as nosas experiencias de lectura de O neno do pixama de raias.

Falamos do desenlace, se era previsible ou non, e preguntámonos se sería posible outro remate...

Comentamos acerca da inocencia, tal vez máis aparente que real, de Bruno...

Fixámonos na circunstancia de que os pais vencellados ao mundo da cultura (escritores, actrices), mantiñan un posicionamento crítico ante o nazismo, pero non souberon, sen embargo, transmitir estas ideas aos seus fillos...

Analizamos a situación familiar de Bruno e a complexa relación dos pais...

Preguntámonos se no desenlace sentiamos máis mágoa por Bruno ca por Shmuel, ou se ambas situacións dramáticas nos afectaban por igual...

En definitiva, foi unha conversa interesante, só interrumpida polo timbre que nos deixou con ganas de seguir opinando, discrepando, coincidindo, comentando...

Grazas e parabéns a todos e... SEGUIREMOS LENDO XUNTOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario