11.1.08

A banda sen futuro

Logo da paréntese das vacacións, retomamos o noso blog con estes comentarios de A banda sen futuro que acaban de ler os alumnos de primeiro de ESO.

O libro a min encantoume. Foi un dos mellares que teño lido. Creo que o lin en dúas noites, porque non podía aguantar coa intriga: se ía facer amigas, se na consulta lle ían dicir que xa podía deixar medrar o pelo… Pero nalgunhas partes deume a impresión de que o libro estaba escrito hai xa algúns anos. Ademais, non me esperaba que ao final se namorara de Moncho.
(Ada Iglesias Carballo, 1º C)


A min o libro gustoume moito porque dalgunha forma calquera estudante que sexa un pouco diferente á xente podería verse relacionado con ela. Gústame moito como son as relacións entre Carlota e os seus pais porque normalmente cando un ten esa idade é moi pouca a relación cos pais.
O único que non me gustou foi a reacción dos compañeiros cando ven a Carlota porque paréceme moi esaxerado, no sentido de que poucos nenos se comportan dese modo cando só a coñecen de dous días.
(Sabela García Benito, 1º C)

Este libro gustoume moito, aínda que me dá algo de pena cando Carlota descobre a enfermidade da súa avoa, xa que polo que comentaba sobre ela no libro, queríaa moito.
Este libro engancha xa que se les o primeiro capítulo non podes parar de ler. Eu recomendaríao para ler a todo tipo de persoas.
(Marta Mejía Orbán, 1º C)

A escritora conta moi ben os sentimentos de Carlota. Explica como unha rapaza de dezaseis anos pode darse conta de que a súa enfermidade non é importante como a da avoa. Pode darse conta do egoísta que foi e rectificar o seu erro.
Conta como ve que aínda que Miguel estea con Paulina, ela pode ter a outro rapaz e ser feliz.
A min gustoume porque o autor foi capaz de transmitir moitas sensacións.
(Noa López Blanco, 1º C)

A historia está bastante ben, dado que é unha rapaza que ten que estar un tempo calva, e a maneira na que se enlazan os feitos é magnífica. Aínda que, iso si, ao final do libro non aprende case nada do ocorrido.
Unha das cousas que non me gustou foi a prolongación dalgunha pequena trama ao longo de varios capítulos. A outra foi o pouco nerviosismo que pon o autor nos momentos máis importantes.
Houbo partes que pasabas un bo cacho pero que non te levaban máis que ao principio da trama, e que alongaban máis o libro. Outro fallo que ten é que acaba cunha trama e empeza outra de repente.
(Miguel López Gómez, 1º C)

O libro encantoume. Pero hai unhas partes nas que a autora do libro describe demasiado as emocións e os sentimentos da nena; e a primeira vez está ben, pero cando se volve a repetir a escena soa un pouco repetitivo.
Pero polo demais está moi ben. Aínda que a nena é un pouco “tiquismiquis” cando a xente fala do tema “do pelo” e ela ponse toda alporizada… Deberíao ter asumido.
Non lle vexo ningún sentidito ao título, aínda que algo claro que ten, pero se estivese na librería nin se me ocorrería compralo por ese título.
(Carmen Sotelo de la Vega, 1º D)

Gustoume moito. Comentei o libro con algúns compañeiros e estaban de acordo coa miña opinión.
Ao final aprendín que o que importa é a beleza interior.
As conversas que Carlota mantiña con Poch era algo estrañas. Ó final era como se Poch fose a súa conciencia. Gustoume moito iso que dixo Poch de que só intentando tocar o ceo cos pés o tocaría algún día coas man. E tamén o de que as persoas están vivas ata que todos as esquecen.
O personaxe que máis me gustou foi a avoa, porque comprendía moi ben a Carlota. Foi unha mágoa que rematase tendo cancro.
Eu tamén penso coma Carlota, aquí nas cidades todo parece gris, demasiado monótono, o tempo segue transcorrendo e non para pase o que pase.
(Sabela Rodríguez, 1º D)

Pareceume unha novela entretida, fácil de ler, anque eu non estou afeito a ler en galego e moitas veces teño que botar man do dicionario.
O autor conseguiu que ó ler esta novela conectes con ela, que te fagas amigo de Carlota e ti pódelo ver perfectamente na túa clase con algúns dos teus profesores e no momento da reunión dos profesores imaxínábaste unha habitación ás escuras, cunha soa luz no centro dunha mesa, coma se fose unha reunión clandestina na bodega dun barco. En resumo, paréceme moi bonito e que trae unha mensaxe oculta: que non podemos discriminar polo aspecto físico.
(Antonio Reverter Valeiras, 1º D)

Sen dúbida creo que este libro é moi adecuado para a nosa idade. Fíxome reflexionar sobre a vida e deime conta de que vemos os nosos problemas como os máis grandes, e que a maioría das veces non teñen tanta importancia coma a que lle demos.
Ten algunhas partes verdadeiramente tristes, porque ves o sufrimento dunha rapaza que intenta facer unha vida normal pese ao seu aspecto físico e moita xente infravalóraa por ser distinta; aínda que distinta non é, porque eu penso que non ter pelo non pode ser unha barreira para seguir adiante.
Tamén vin que os “problemas” que teñen as mozas por un rapaz, e non o pasei ben lendo a parte de que a única amiga de Carlota estea co mozo que lle gusta.
Fíxoseme ameno pola súa linguaxe coloquial. Creo que Poch e a súa avoa son os que comprenden a Carlota e os que, dicíndolle cousas boas ou malas, consiguen que saia adiante.
É un libro interesante, recomendo lelo para que os rapaces vexan que os problemas verdadeiros hai que afrontalos, senón todo sería un problema.
(Claudia Platero Pérez, 1º D)


Este libro é magnífico polo abanico de sentimentos que hai nel. Amor, desamor, dúbida, engano… Este libro reflicte tódolos problemas da adolescencia, aínda que neste caso con razón. Vese como unha nena de 16 anos afronta o difícil problema de non ter pelo. Aínda por riba ten que facer amigos novos.
É un libro moi completo, que trata diferentes temas. O que máis lle custou foi facer amigos, pero cando o consegue, todo vai sobre rodas. Ata consegue un noivo. Un dos problemas máis graves é a enfermidade da avoa, pois ten un cancro case incurable. A súa relación é inmellorable.
Este libro máis que nada fíxome reflexionar: tódolos nenos temos problemas, uns máis simples, outros máis difíciles. Ensinoume que hai que saír adiante, coa axuda da familia e os amigos, e nunca botarse atrás.
(Bruno Platero Pérez, 1º D)

Este libro gustoume moito por dúas cousas: 1º) Reflexa estados de ánimo que poden suceder na vida real. 2ª) É un conto cos protagonista co pelo rapado pola súa enfermidade, polo que paréceme ben, debido a que a maioría tratan sobre nenas belísimas, con cabelos longos e que reflexan os raios do sol.
Tamén me gustou porque nos últimos capítulos está moito máis tempo coa súa avoa, porque ten cancro, e a irmá enfadouse porque estaba máis tempo coa avoa que con ela. Carlota, ao comprender que a súa avoa estaba peor ca ela, deixa de pensar en que volva crecer o cabelo dunha vez por todas, porque quere pasar moito máis tempo coa súa avoa, e cando xa lle pode crecer o cabelo de novo, ponse moi contenta, ela e a súa avoa.
En xeral, todo o libro foi moi bonito e divertido.
(Paula Fernández Pérez, 1º D)

A min non me gustou moito porque é moi enrollado e pasmábame bastante cando lía… ás veces lía e tiña que volver a lelo. Custoume bastante acabalo e algunhas palabras tiña que buscalas no dicionario. Tampouco me gustou porque sempre, en case tódalas pelis e libros que lin e vin, sempre hai un grupiño de marxinados, neste caso polo aspecto da protagonista, e iso non me gusta nada.
(Esteban Fernández Méndez, 1º D)

Esta novela foi a que máis me gustou dos libros que lin. Ó principio non me estaba gustando moito, pero ó final encantoume. Non me costou lela e pareceume que tiña un vocabulario bastante sinxelo.
Tamén me gustou como se expresaba Carlota con Poch, e dicía que el e mais a avoa eran as únicas persoas que a entendían.
Eu creo que este libro debía ter unha segunda parte, porque eu o que esperaba ó final da novela era a Carlota co pelo longo. Quería saber como sería a impresión dos seus compañeiros. Eu quedeime coas ganas diso, de ver como quedaría a obra, e de ver como reaccionaría o público ó vela se o gorro.
(Ángela Fernández Cofán, 1º D)

É un libro moi entretido e gustoume. A súa protagonista, Carlota, que te 16 anos, ten algúns problemas no seu instituto: inseguridade, medo á vida e presentia un futuro moi negro. Pero ó final vólvese máis sociable e ata coñece un rapaz do que se namorou.
Eu penso que isto lle podería suceder a calquera a esa idade.
(Samuel Dapía González, 1º D)

25 comentarios:

  1. Anónimo11.1.08

    noraboa a todos todos están xenial
    e se é verdade todo o que dicides
    sois os mellores
    o libro eu tamen o lin e si a verdade e que está xenial

    ResponderEliminar
  2. Anónimo12.1.08

    Deixame abraiado a capacidade de expresión dos rapaces: "abanico de sentimentos"..."a sua linguaxe coloquial"...

    Despois os maiores xeralizamos decindo que a xente nova so sabe expresarse en sms do xeito de "k tl tronk".

    A noraboa a estes rapaces, e moi especialmente, os seus educadores e a gran labor que estan a facer, por riba das suas obligacios.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Anónimo14.1.08

    MolaaaamOs!!

    unha aperta grandeeeee

    Querovoos!!

    ResponderEliminar
  4. Anónimo15.1.08

    me encanta que pongan nuestras opiniones,,
    osQierooooooooooooooooooooooo(L)

    ResponderEliminar
  5. Anónimo16.1.08

    o libro a verdade é moi bonito,a opinión que máis me gusta é a de paula pérez.
    A verdade é que o libro e moi educativo.Algunha xente escandalizabanse por certas cousas, pero oxe en día todos os rapaces de doce anos saben o ke significan.
    Penso que estes rapaces teñen unha capacidade de redacción impresionante, e comparto a opinión que di que esas dúas frases son fermosas.

    Un saúdo a Celia e As máis meras felicitacións aos rapaces de 1º de E.S.O D
    sodes fantásticos!

    ResponderEliminar
  6. Anónimo17.1.08

    paula se noa Q eres tú =S

    aunQue todas estan xenial

    biCos,,
    C&D molamooos

    ResponderEliminar
  7. Anónimo21.1.08

    non me gustou moito

    ResponderEliminar
  8. Anónimo21.1.08

    Pareceume un libro interesante polo que lle pasaba a Carlota, pero non me pareceu un libro con "personalidade". Podía estar mellor.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo21.1.08

    =)Este libro, pareceume bastante interesante porque é unha historia moi real, basada nunha rapaza, chamada Carlota de dezaseis anos que ten un cancro. Está tomando un tratamento, o que lle fai caer o pelo.
    En fin, gustoume porque é moi bonito. xD

    ResponderEliminar
  10. Anónimo21.1.08

    pareceme un libro interesante. Foi un dos libros que mais me gustou,e tamen ó final e un pouco triste porque a abuela morreulle . A nena tiña ecenma e por eso pareceume interesante

    ResponderEliminar
  11. Anónimo21.1.08

    Este libro gustoume moito pola forma de expresarse que ten a autora e a súa forma de ver a vida cotiá. A verdade é que ten moita razón sobre o que fan tódolos rapaces cando chega ao instituto unha nena co pelo rapado, pero paréceme moi bo por parte do seu compañeiro que se namore dela. Outra razón para dicir que o libro gustoume é a capacidade da protagonista de recordar á xente, coma cando falaba coa foto e a foto lle respondía.

    ResponderEliminar
  12. Anónimo21.1.08

    OPINO QUE O LIBRO A BANDA SEN FUTURO ESTA MOI BEN GUSTOUME.

    ResponderEliminar
  13. Anónimo21.1.08

    A miña opinión sobre este libro é bastante boa. Penso que a calquera rapaz ou rapaza da miña idade, ano ariba ou ano abaixo, se sentiría identificado con algún detalle da vida de Carlota. Tamén opino que é moi realista e que soubo reflexar moi ben os sentimentos da protagonista.
    Aconséllovos que o leades!

    ResponderEliminar
  14. Anónimo21.1.08

    Este libro non me gustou porque non me sinto identificada coa protagonista.Por outra parte a idea de perder o pelo e ter que vestir un gorriño na cabeza non me gustaría nada,aínda que se fose por esa causa...cedería

    ResponderEliminar
  15. Anónimo21.1.08

    Para min foi un libro interesante, pero pareceume un pouco triste polo eccema de Carlota, e polo final da avoa.
    Parecíanme interesantes as cousas que lle pasaban a Carlota, pero ás veces era un pouco triste, coma cando lle tiveran qe rapar o pelo.

    ResponderEliminar
  16. Anónimo21.1.08

    O libro gustoume,pareceume diferete, orixinal e moi real.Penso que ten unha boa mensaxe,de que hai que ser optimista na vida e o máis importante non é ter unha preciosa cabeleira,e que ás vaces isto de ser diferente ós demais pode levarse mellor do que pensamos. gaby xd

    ResponderEliminar
  17. Anónimo21.1.08

    Creo que Carlota ao principio é un pouco pesimista, pero logo dase conta que non merece a pena esconderse todo o tempo. Gustaríame que existise unha segunda parte, de cando fixesen a obra e a sorpresa de todos ao vela coa cabeza ao descuberto. Tamén creo que a súa avoa axúdalle a reflexionar cando colle o cancro.

    ResponderEliminar
  18. Anónimo21.1.08

    Gustoume moito o libro, pero pareceume mal o de que os nenos se risen dela porque tiña o pelo curto porque non ten nada de particular.Non imaxinaba, que ó final fose con Moncho co que estivo saíndo.
    A verdade, era o único que a respetaba e a que a quería tal e como era, incluso sen o pano na cabeza.
    Pero deume pena, a súa avoa, porque co seu cancro,ía morrer.
    Gustaríame que houbese unha segunda parte.
    Recomendaríao a todos rapaces e rapazas da miña idade e,incluso, maiores.

    ResponderEliminar
  19. Anónimo21.1.08

    Este libro non foi un dos dos que máis me gustou porque é triste devido ao cancro da avóa ou que Carlota teña un eccema e tivéronlle que rapar o pelo, e os primeiros días no instituto, a xente discriminábaa.
    Logo empezoume a gustar porque Carlota fixera amigas.

    ResponderEliminar
  20. Anónimo21.1.08

    Non me gustou porque ó principio Carlota tiña moitos problemas e tamén, porque o libro tiña algunhas palabras que eu non entendía.Outra cousa que non me gustou foi que Carlota era unha desconfiada e pensaba que todo o mundo a miraba mal.

    ResponderEliminar
  21. Anónimo21.1.08

    Pareceume un libro algo aburrido ao principio.
    Pero logo, gustoume mais porque Carlota se integra bastante ben no grupo.
    Porque ainda que este calva ten talento.

    ResponderEliminar
  22. Anónimo21.1.08

    Este libro recoméndollo todo o mundo.É moi realista porque trata dunha nena de dezaseis anos que ten un ecema e todo o mundo a despreciaba xa que polo tratamento quedou sen pelo.Ó final a nena fai moitos amigas.Desexaría que seguise.sandra

    ResponderEliminar
  23. Anónimo21.1.08

    Este libro pareceume bonito, pero non me gustou como trataban a Carlota os seus compañeiros por ter o pelo rapado. Os primeiros días tiña problemas cos compañeiros porque se rían dela por ter o pelo así. Un cantante que lle gustaba moito morreu e puxo unha foto no seu cuarto para recordalo. Todos os días falaba con el.
    Pareceume inxusto que a tratasen así por ter o pelo rapado, porque hai que aceptar a xente tal e como é.

    ResponderEliminar
  24. Anónimo21.1.08

    o libro pareceume interesante pero deume pena a rapaza porque tiña cancro e nan tiña amigos

    ResponderEliminar
  25. Anónimo23.1.08

    penso que moitos dos comentarios están equivocados, carlota non tiña cancro se non un escema co que non é que lle caise o pelo é q non io deixaba medrar.
    a do comentario felicitando a paula son eu. Vai para ese/a neno/a tan resabido/a.Que dixo...se nota...blablabla
    pois aprende de paula!

    ResponderEliminar